SERVIZOS DE CONSULTORÍA

A partir da formación e experiencia dos membros que conforman o persoal da empresa, froito de coñecer moitos sectores produtivos e empresariais, nace un servizo que vai máis aló da asesoría tradicional: o “management consulting” ou a axuda de dirección.

Aplicamos os nosos coñecementos enfocados ó medio empresarial público e privado, ofrecendo servizos de asesoría, auditoría organizativa, asistencia técnica, contabilidade e control,contribuíndo na solución de problemas e buscando o desenvolvemento da competitividade e o alto desempeño dos nosos clientes. Aportamos metodoloxías, ferramentas de apoio profesional e unha experiencia contrastada dende 1992.

Estes servizos tamén están pensados para entidades sen ánimo de lucro, por exemplo as deportivas, con problemáticas diferentes pero tamén que precisan de expertos profesionais en xestión.