Xunta – Relación provisional de solicitudes para adquisición de equipamentos deportivos.

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se publica a relación das solicitudes desestimadas e inadmitidas e a baremación provisional das solicitudes admitidas, presentadas ao abeiro da Resolución do 3 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

Publicadas subvencións para clubs sen ánimo de lucro – Deputación 24/07/2020

Deputación Provincial

Subvencións e axudas

SUBVENCIÓNS A CLUBS DEPORTIVOS QUE PARTICIPEN EN COMPETICIÓNS FEDERADAS DE ÁMBITO INFERIOR A NACIONAL 2020

A N U N C I O

De conformidade co establecido no artigo 18 da Lei 38/03, de 17 de novembro, xeral de subvencións e na base 25ª.16, do orzamento provincial para o ano 2020, publícanse as subvencións concedidas e non concedidas no mes de xullo polo servizo de Deportes da Deputación Provincial, para clubs deportivos sen ánimo de lucro que participen en competicións federadas de ámbito inferior a nacional para o ano 2020, aprobadas por Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria do día 17 de xullo de 2020

Enlace

Curso escolar 2020-2021 Xunta de Galicia

Calendario escolar 2020/2021

Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21