Secretaría Xeral para o Deporte – Regulamentos Licenzas Federativas Obrigatorios

Secretaría Xeral para o Deporte – Regulamentos Licenzas Federativas Obrigatorios

INSTRUCIÓN do 10 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, para a remisión dos regulamentos de licenzas das federacións deportivas galegas. (DOG 18/02/2021)

O texto pódese descargar aquí.

Cando o 28 de xaneiro a Xunta de Galicia modificou a Lei do Deporte de 2012, xa se intuía que as modificacións eran ad hoc. Hoxe, coa publicación desta Instrución confirmamos as sospeitas e comezamos a ver que hai unha finalidade que a moitos se nos escapa.

Moitas das Federacións de deportes minoritarios ou non de masas, carecen dende a súa constitución, xa hai moitas décadas, de regulamentos de licenzas deportivas. E moito menos “por tempadas” deportivas… Isto é porque tales regulamentos, en xeral, son innecesarios.

Pero si que en federacións con estrutura máis profesionalizada, coma aqueles con adestradores, árbitros, fichas profesionais e fichas de deportistas afeccionados, etc., coma ximnasia, atletismo, fútbol, etc., si que existen estes regulamentos a niveis autonómicos e estatais.

A partir de xa, o resto das Federacións en Galicia, teñan necesidade ou non de ter uns “regulamentos de licenzas deportivas para a tempada 2021/2022”, van telos. E máis lles vale, pois están “requiridas” por Lei…

2021 – Deputación de Pontevedra – Deporte Estatal

2021 -Deputación de Pontevedra. SUBVENCIÓNS PARA CLUBS DEPORTIVOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA QUE PARTICIPEN EN COMPETICIÓNS FEDERADAS DE ÁMBITO NACIONAL PARA O ANO 2021

O obxecto destas subvencións é o apoio a clubs deportivos federados da provincia de Pontevedra que participen en categoría nacional na temporada 2020-2021 e, no caso dos clubs que participen en competicións de ano natural, da temporada 2021.

En FL Consultores imos comezar coas tramitacións, polo que vos pedimos que contactedes con nós.

Se desexades ler a norma, podedes acceder a este enlace.

Subvencións Xunta para o desenvolvemento de actividades deportivas e para COVID-19.

2021 – RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte. Subvencións a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas para o desenvolvemento de actividades deportivas e para COVID-19.

Xa está publicada a norma das subvencións para ACTIVIDADE DEPORTIVA dende a Xunta de Galicia. Este ano inclúe a NOVIDADE dunha liña especial para gastos derivados das MEDIDAS DE SEGURIDADE E PREVENCIÓN pola COVID-19.

Esta convocatoria tamén ten un Anexo VIII que é unha novidade, destinado a seren realizado pola Federación Deportiva correspondente e pensado para as entidades que realicen a petición de axudas para os gastos da Covid-19.

En FL Consultores imos comezar coas tramitacións, polo que vos pedimos que contactedes con nós.

Se desexades ler a norma, podedes acceder a este enlace.

2021 Subvencións da Secretaría Xeral para o Deporte para a adquisición de equipamentos deportivos

2021 Subvencións da Secretaría Xeral para o Deporte para a adquisición de equipamentos deportivos

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a  concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento PR949A).
Descargar pdf.

Xunta – Modelo de comunicación expedientes de regulación temporal de emprego por COVID-19

Xunta – Modelo de comunicación expedientes de regulación temporal de emprego por COVID-19

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 3 de febreiro de 2021 pola que se regula o procedemento e se aproba e se dá publicidade ao modelo de comunicación de cambios de situación nos expedientes de regulación temporal de emprego por forza maior de impedimentos ou limitacións da actividade como consecuencia das modulacións nas restricións sanitarias adoptadas polas autoridades competentes vinculadas ao COVID-19 (código de procedemento TR820V).
Descargar pdf

Reducimos o horario pero seguimos atendéndote.

Reducimos o horario pero seguimos atendéndote.

Como sabedes, vivimos nunha crise sanitaria que xera situacións complicadas para todos.

O novo andazo deste pasado Nadal está a deixarnos situacións máis comprometidas que antes. A posibilidade de contacto con persoas enfermas é máis real que nunca e todos, pero especialmente os que temos rapaces en idade escolar ou traballos máis abertos, temos máis opcións para recibir un contacto indirecto.

En FL Consultores tivemos que adoptar medidas para evitar que a enfermidade poida estenderse e obrigarnos a pechar. Polo tanto, ante un confinamento preventivo familiar, debemos reorientar os nosos traballos e reducir os horarios de atención aos clientes.

Así, vémonos na obriga de termos que baixar o ritmo ata que a situación se estabilice e o provisional confinamento preventivo certifique que puidemos acoutar os riscos inmediatos, o que significa que temporalmente tardaremos algo máis do habitual na entrega dos nosos servizos e produtos.

Pero seguimos traballando para ofrecerte seguridade e servizos profesionais, con toda a experiencia no noso mercado.

Tes preguntas? Estamos aquí para resolvelas.
Chámanos aos teléfonos 654165730 ou 680410409, ou escríbenos a info@grupo-fl.es. Responderemos inmediatamente.

Grazas por confiar en FL Consultores

Agora só nos queda pedirte que te coides para coidarnos a todos.
Una gran aperta
Henrique Freixeiro

Febreiro – Modelo 347

Febreiro – Modelo 347

Coa chegada do mes de febreiro comeza o período dun mes para a presentación do modelo 347, unha presentación informativa, pero de gran importancia, xa que si se producen discrepancias significativas nas cifras declaradas entre un provedor e o seu cliente, isto pode derivar nun expediente de comprobación por parte da Axencia Tributaria.

Recordemos que o modelo 347 é unha declaración anual informativa de operacións con terceiras persoas, que as empresas, profesionais, comunidades de propietarios e entidades xurídicas (coma os clubs, asociacións deportivas e federacións deportivas) están obrigados a presentar sempre que realicen operacións con terceiros por un importe superior aos 3.000 euros durante o ano natural, diferenciando as entregas e as adquisicións de bens e servizos, así como aplicando unha serie de excepcións para comunidades de propietarios e entidades deportivas.

Ver máis na Axencia Tributaria