Minientradas

Cobros das Subvencións da Xunta de Galicia 2019-2020

Case a metade dos clientes de FL Consultores xa recibiron as subvencións por actividade deportiva do exercicio pasado da Xunta  de Galicia.

Debedes saber que a Secretaría non manda os pagamentos todos xuntos, polo que algúns clubs cobran antes que outros. Por iso vos pedimos paciencia para aqueles que aínda non a percibistes.

De todas formas, pregámosvos que en canto teñades constancia do ingreso, nos avisedes a FL Consultores. Se algún considera que están a tardar moito en pagarlles, tamén é importante que o notifiquedes para que poidamos interesarnos na situación do seu expediente. Grazas.

Subvencións Concello de Vigo

As entidades deportivas de Vigo que solicitaron a subvención para actividades deportivas 2019/2020, están comezando a recibir directamente as comunicacións cos importes concedidos.

Comeza, polo tanto o período de xustificación das axudas, que remata o 6 de novembro de 2020.

Dende FL Consultores pregamos ós clientes que nos contrataron para solicitalas que nos remitan canto antes as comunicacións que reciban para poder facer a súa xustificación canto antes. Calquera pregunta, podedes facela polas canles habituais. Grazas.

Novo servizo de alertas FL Consultores

Novo servizo de alertas FL Consultores

Nestes meses vimos de cambiar moitos temas dentro de FL Consultores. Entre eles fixemos cambios na nube de clientes ou no aspecto da nosa web.

Agora vimos de instalar un novo servizo de alertas para que recibades as novas que publicamos na nosa web. Podedes darvos de alta (ou baixa) en calquera momento.

 

Loading

Prorroga dos ERTE

O BOE publica a prórroga dos ERTE e das axudas para autónomos ata o 31 de xaneiro de 2021

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este mércores o Real Decreto-Lei que prorroga ata o 31 de xaneiro de 2021 os expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) e as axudas para traballadores autónomos afectados pola pandemia, aprobado onte polo Consello de Ministros.
Máis datos no BOE

Unha web de entrevistas para Vigo

Unha web de entrevistas para Vigo

O noso colaborador periodístico Lino Blanco prepara unha nova web con entrevistas e reportaxes de proximidade, feita dende Vigo. Comeza con esta interesante achega a Luis Davila, o humorista gráfico.

” Veamos y analicemos el escenario. Pandemia y confinamiento. Un negro panorama. Gris. Oscuro. Durante muchos días. Y Luis Davila mantuvo su regular contacto con sus seguidores. Oiga. Mucho mérito hacer reír cuando las penas ahogan. Plantearle esto a Luis Davila es encender la llama de la imaginación. Un asunto complicado que superó con notable.”

WEB Estibando palabras

Axudas orientadas a deportistas de alto nivel da Cidade de Vigo

Concello de Vigo
Subvencións e axudas

BASES ESPECÍFICAS PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO DE AXUDAS ORIENTADAS A DEPORTISTAS DE ALTO NIVEL DA CIDADE DE VIGO

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 17 de setembro de 2020 , adoptou o seguinte acordo:

Aprobar as “BASES ESPECÍFICAS PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO DE AXUDAS ORIENTADAS A DEPORTISTAS DE ALTO NIVEL DA CIDADE DE VIGO”

OBXECTO DA SUBVENCIÓN
É obxecto das presentes bases regular a convocatoria e a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas económicas dirixidas a deportistas de alto nivel da cidade de Vigo, coa finalidade de axudar a sufragar os gastos vinculados coas competicións e cos adestramentos necesarios para o desenvolvemento da súa modalidade deportiva, en orde ó logro dun mais alto nivel nun futuro próximo.
Enlace coa publicación BOPPO número 187 luns, 28 de setembro de 2020.

Subvencións Clubs da Provincia de Pontevedra Competicións Ámbito Nacional 2020

Deputación Provincial
Subvencións e axudas

CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA CLUBS DEPORTIVOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA QUE PARTICIPEN EN COMPETICIÓNS FEDERADAS DE ÁMBITO NACIONAL NO ANO 2020

De conformidade co establecido no artigo 18 da Lei 38/03, de 17 de novembro, xeral de subvencións e na base 25ª.16, do orzamento provincial para o ano 2020, publícanse as subvencións concedidas e non concedidas no mes de setembro, polo Servizo de Deportes da Deputación Provincial, para clubs deportivos sen ánimo de lucro que participen en competicións federadas de ámbito nacional para o ano 2020, aprobadas por Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria do día 18 de setembro de 2019

Máis info

Axencia Tributaria habilita un poder electrónico

A Axencia Tributaria habilita unha opción para levar a cabo un poder electrónico

A Axencia Tributaria estableceu un novo procedemento a través da sede electrónica da axencia para poder levar a cabo o poder ante a AEAT sen ter que desprazarse ás oficinas, xa que o actual contexto de crise sanitaria “aconsella promover medidas que faciliten a realización de procedementos electrónicos “.