2022 Concello de Vigo – Subvención actividade.

2022 Concello de Vigo – Subvención actividade.

CONVOCATORIA E BASES ESPECÍFICAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS PARA A TEMPADA 2021/2022.

O obxecto das subvencións a que se refiren as presentes bases é contribuír a financiar os gastos ocasionados polo funcionamento das entidades deportivas da cidade e a súa actividade deportiva durante a tempada deportiva 2021/2022 ou durante o ano 2022 nas modalidades cuxa tempada deportiva se corresponda co ano natural.

GASTOS SUBVENCIONABLES: Serán gastos subvencionables os que de xeito determinado correspondan ao funcionamento da entidade solicitante e sexan ocasionados pola actividade propia desta, así como os motivados pola participación ou organización de actividades deportivas. Estes gastos poderán ter relación entre outros a gastos de pagamento de licencias federativas, viaxes, aloxamentos e comidas, arbitraxes, adestradores, alugamento de instalacións deportivas, gastos telefónicos, compras de material deportivo, gastos COVID-19 (Test, luvas, xel, máscaras…), etc. En xeral serán subvencionables todos os gastos ocasionados polo funcionamento da entidade deportiva para o cumprimento dos seus fins ao longo da tempada 2021/2022, quedando excluídos os gastos por investimento en instalacións deportivas (obras).

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES.
O prazo para presentar as solicitudes a esta convocatoria será de 15 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Máis información neste enlace.