ASESORÍA VOLUNTARIADO

A participación da cidadanía na vida política, económica, cultural e social é unha aspiración propia de calquera sociedade moderna e democrática.

Esta participación social vese consolidada cando as persoas e os grupos nos que se integran desenvolven por si mesmos, e dunha forma totalmente libre, altruísta e solidaria, actuacións que procuran o benestar social e a mellora da calidade de vida da comunidade. Cando estas actuacións deixan de ser un acto illado e espontáneo, e pasan a se efectuar nun marco institucional organizado e mediante entidades creadas ad hoc, é cando ten lugar o desenvolvemento dunha acción voluntaria.

A acción voluntaria é manifestación explícita da conciencia solidaria da cidadanía e fortalece a convivencia democrática, e debe ser, como xa queda dito, promovida polos poderes públicos. Son estes os que teñen a responsabilidade de crear as estruturas e o soporte legal preciso que posibilite, desde a liberdade, que a sociedade civil interveña no desenvolvemento de actividades e de sectores de interese xeral e mais na consecución dos intereses públicos mediante a acción voluntaria.

LEI 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.

Web do Voluntariado Galego