2023 Concello de Vigo – Aviso dende Deportes do Concello de Vigo
Hoxe día 27 de xaneiro recibimos a seguinte comunicación do Concello de Vigo.
<< Dende a Concellería de deportes estamos iniciando a tramitación de diferentes procedementos e iniciativas, entre as que se atopa, entre outras, a convocatoria xeral de subvencións da actual tempada 2022/2023, que se publicará en vindeiras datas. Como ben sabedes, a normativa actual obriga ás entidades xurídicas e ós seus representantes a relacionarse electronicamente coa administración (Apartados a) e d) do Art. 14 da Lei 39/2015). Esta cuestión provocou na tempada pasada dificultades a algunhas entidades motivadas fundamentalmente pola caducidade dos certificados ou a carencia dos mesmos no momento da presentación da documentación. Este correo informativo só ten a intención de recordarvos a obriga que se establece nas convocatorias e demais procedementos de asinar electronicamente os documentos que no seu momento se publiquen, polo que se aconsella a conveniencia de ter prevista esta cuestión, xa que o incumprimento desta obriga pode conlevar o rexeitamento da solicitude de subvención, ou o arquivo do procedemento do que se trate.>>