A sinatura electrónica invisible: o teu documento é válido aínda que non o pareza

A sinatura electrónica invisible: o teu documento é válido aínda que non o pareza

A sinatura electrónica é un piar fundamental da administración dixital, pero aínda xeran moitas dúbidas. Cando recibimos un documento asinado dixitalmente, moitas veces esperamos ver un selo ou unha imaxe de sinatura que comprobe a súa validez. Con todo, a maioría das sinaturas electrónicas son invisibles e non por iso carecen de validez legal.

A clave reside en que a sinatura non é un elemento visual, senón un conxunto de datos encriptados que garanten a autenticidade e a integridade do documento. É a tecnoloxía a que certifica que o documento non foi alterado e que a identidade do asinante é lexítima. Para verificalo, a Administración e a cidadanía debemos usar ferramentas oficiais como AutoFirma ou a plataforma web VALIDe.

Descubre máis sobre a validez da sinatura electrónica e como comprobala. Fai clic na seguinte ligazón para ver a nosa infografía interactiva.

https://grupo-fl.es/docs/SinaturaElectronica.html