O Concello de Soutomaior aproba a convocatoria de axudas para deportistas individuais para a tempada 2024-2025, cun orzamento total de 8.500 €.
Accións subvencionables: Estas axudas están destinadas a cubrir gastos derivados da participación en competicións deportivas, tanto federadas oficiais como non oficiais de relevancia autonómica ou estatal. Entre os gastos subvencionables inclúense: material deportivo, licenzas, cotas do club, viaxes (a máis de 30 km), aloxamento e outros custos directamente relacionados coa actividade.
Persoas destinatarias: Poderán solicitar estas axudas os/as deportistas que cumpran os seguintes requisitos:
- Estar empadroados/as en Soutomaior antes do 1 de xaneiro de 2025.
- Posuír licenza federativa en vigor na súa modalidade.
- Acreditar a participación nun mínimo de catro probas oficiais ou dous eventos competitivos de relevancia.
- Estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles desde o seguinte á publicación no BOPPO.
Para máis detalles, pode consultarse a convocatoria completa nesta ligazón.