Certificado dixital para asociacións sen ir a Facenda
Dende este mes, FL Consultores vén de chegar a un acordo cunha plataforma tecnolóxica de recoñecido prestixio, converténdonos en «Oficina Emisora» de Certificados Electrónicos.
Actuamos de forma semellante a un Despacho Dixital e-Administración Pública, podendo obter e emitir certificados dixitais. Os certificados dixitais emitidos con FL Consultores teñen a mesma validez legal que o resto dos certificados emitidos por prestadores de servizos de confianza cualificados, como os expedidos pola FNMT, tras a aprobación do regulamento eIDAS 910/2014 e apoiados polo Ministerio de Industria.
O certificado dixital para asociacións é o documento electrónico que permite a autenticación en liña dunha asociación ou entidade sen ánimo de lucro a través do seu representante. Este certificado é válido para entidades con NIF letra G: (Asociacións).
Podes comprar o certificado dende 1 ano ata 5 anos. Accede a nova plataforma FL Consultores de venda de servizos en https://grupo-fl.es/tpv/producto/certificado-dixital-de-asociacions-e-entidades-deportivas-sen-animo-de-lucro/
Podes ver máis servizos na nosa nova Tenda-Oficina Virtual https://grupo-fl.es/tpv/
Pingback: Opciones 2025: Certificados Electrónicos Fáciles