Declaracións trimestrais e imposto de sociedades nas Entidades Deportivas.
Comezamos trimestre e debemos informar das operacións suxeitas a retencións de IRPF do trimestre vencido. Lembrade que esta obrigación aparece cando temos asalariados, ou cando acudimos a un profesional como un notario ou un avogado. Outro tipo son as retencións que temos que aplicar cando temos alugado un local de negocio onde está o club ou asociación.
Se tendes algunha destas operacións, lembrádevos avisar e enviar as facturas correspondentes para que poidamos facervos o imposto convenientemente.
A pesares da críptica linguaxe da Administración Tributaria, as entidades deportivas tamén teñen obriga de presentar o imposto de sociedades de 2021 se ben, xeralmente as pequenas, poden acollerse a non presentala.
Se precisades máis axuda, coma sempre podedes contactar con nós por teléfono ou correo electrónico.