Diversas opcións para acadar un Certificado Electrónico – 2025
Este ano FL Consultores asinou un acordo cun certificador privado electrónico e agora os nosos clientes dispoñen de 3 opcións para facer un Certificado Electrónico de Persoa Xurídica (Entidade Deportiva):
1.- Autoxestión: Que o cliente faga tódolos trámites, sen axuda de FL Consultores e pasando por Facenda, que lle sairía aproximadamente en 20.15 € (IVE incluído) (entre taxas e certificado FNMT). Logo o cliente debe trasladar unha copia do certificado e/ou crearnos unha autorización/representación online.
2.- Xestión e Facenda: Facer os trámites con FL Consultores e pasando por Facenda para o Rexistro Presencial, que lle sairía ó cliente en 68.55 € (IVE incluído) (taxas, certificado FNMT, IVE’s e honorarios). FL Consultores fará tódolos trámites agás o Rexistro Presencial.
3.- Xestión sen ter que ir Facenda: Facer os trámites con FL Consultores e NON pasar por Facenda, que lle sairía en 96.80 € (IVE incluído) (taxas, certificado privado Uanataca, IVE’s e honorarios). FL Consultores fará tódolos trámites incluído o Rexistro Presencial.
Ler o artigo: https://grupo-fl.es/certificado-dixital-para-asociacions-sen-ir-a-facenda/