É que … esquecemos deste tema! Obrigacións ante Facenda Estatal
Moitas veces chegan novos clientes que levan anos de Presidentes das súas entidades deportivas e cando comezamos a facer o seguimento… ese Presidente ten sinatura electrónica, está rexistrado na Xunta de Galicia, pero… na Axencia Tributaria do Estado non aparece el.
E moitas veces tampouco o seu predecesor… a pouco que buscamos aparece o primeiro presidente da entidade, aquel que foi tramitar o NIF (cando aínda se chamaba CIF, e iso se facía de forma presencial e con formularios feitos a man).
O cambio de Representantes ante a Facenda Estatal é obrigatorio, e fácil de facer, pero sempre nos esquecemos deste tema porque, en principio non ten sanción e non ten maior relevancia… falso! É relevante e pode evitar problemas importantes á entidade.
Lembrade, en canto cambiedes de Presidente e teñades inscritos os documentos no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta, o seguinte paso é corrixir tódolos rexistros administrativos correspondentes. Incluída Facenda Estatal!
Se sodes clientes de FL Consultores xa facemos nós os trámites e iso non pasa.