A Federación Galega de Billar, coa asesoría e acompañamento de FL Consultores está nun proceso de actualización da súa xestión interna e da súa imaxe web.
Por unha banda, mediante a contratación dun servizo profesional para a xestión de licenzas se pretende axilizar os trámites de altas de deportistas, e tamén abrir a posibilidade de que sexan os clubs e/ou os deportistas os que poidan inscribirse directamente nas competicións, evitando trámites manuais e solicitudes por email.
Este traballo, que levan meses coa colaboración de FL Consultores, promete ser un punto e parte na xestión da Federación.
A máis, a Federación Galega de Billar é unha entidade beneficiaria da Lei de Mecenado, e recibe de FL Consultores un apoio económico anual.