O 5 de setembro publicouse a relación provisional de axudas para clubs deportivos que compiten en ligas de ámbito galego e provincial. Unha excelente nova para o deporte galego, que recoñece o esforzo e dedicación dos nosos equipos.
Dende FL Consultores, estamos moi orgullosos de ter tramitado estas axudas para máis de 20 entidades, logrando que todas elas obtivesen algún tipo de subvención. É un resultado moi positivo que demostra o noso compromiso co desenvolvemento do deporte local.
Ademais, cómpre salientar que algúns dos nosos clientes acadaron o tope máximo da axuda, que este ano se fixou en 3.000 €. Este éxito destaca a calidade do noso traballo e a nosa capacidade para optimizar os recursos dispoñibles para os clubs.
Lembramos que esta é unha resolución provisional. O seguinte paso será a publicación da resolución definitiva, a partir da cal os clubs poderán xustificar e cobrar as subvencións.
16/04/2025
BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A CLUBS DEPORTIVOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA QUE PARTICIPAN EN COMPETICIÓNS DE ÁMBITO INFERIOR AO ESTATAL PARA O ANO 2025
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/04/16/2025024546
05/09/2025
RESOLUCIÓN PROVISIONAL DAS SUBVENCIÓNS EN 2025 A CLUBS DEPORTIVOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DE ÁMBITO INFERIOR AO ESTATAL
https://www.depo.gal/documents/37861/518748/Resolucion-provisional-de-ambito-inferior-a-estatal.pdf