Henrique Freixeiro, distinguido coa insignia de Prata do Colexio de Economistas.
O Colexio Oficial de Economistas de Pontevedra ofreceu o venres pasado, un de xullo de 2022, unha homenaxe a José Santamaría Conde. A cerimonia tivo lugar no hotel Pazo os Escudos e lembrou ao que foi decano da entidade desde 2003 a 2019, facéndolle entrega da Insignia de Ouro e Brillantes, outorgada polo Colexio.
Tamén se entregaron os títulos de economistas aos novos colexiados e aos eméritos, os certificados ás Sociedades Profesionais e as insignias de Prata do Colexio. Entre estas últimas, foi merecedor de insignia de prata polos Economistas o socio e fundador de FL Consultores, Don Henrique Freixeiro.