Ao longo do día de hoxe, martes 29 de abril de 2025, estamos a experimentar importantes problemas técnicos nos trámites online debido a fallos nos certificados da FNMT (Fábrica Nacional de Moeda e Timbre). Estes erros afectan tanto á web da Xunta de Galicia notifica.gal como a outras plataformas estatais coma dehu.redsara.es.
Dende FL Consultores estamos a traballar para xestionar estas dificultades e buscar alternativas de tramitación mentres non se resolven os problemas cos certificados.
Ademais, informamos que tamén estamos a sufrir interrupcións intermitentes nos servizos de comunicación como telefonía, WhatsApp e correo electrónico, polo que pode resultar complicado contactar con nós durante o día de hoxe. Pedimos desculpas polas molestias e agradecemos a vosa paciencia e comprensión.