Modelo 347 nas Entidades Deportivas.
A pesares da críptica linguaxe da Administración Tributaria, as entidades deportivas xeralmente poden acollerse a unha declaración modelo 347 máis simple que as empresas.
En moitos casos, os clubs se comportan ante esta declaración de forma semellante a coma se fosen Comunidades de Propietarios de vivendas. Xunto enlazamos un pdf, con uns extractos que permiten unha simplificación desta norma para os clubs e asociacións deportivas sen ánimo de lucro.
Documento enlazado en pdf.
- Resumo:
* Declarar só os gastos de máis de 3.005’06 €
* Non declarar subministracións de auga, electricidade e combustibles; nin os seguros.
* Non declarar as subvencións recibidas nin entregadas se foron para os fins sociais exentos.