Modelos de xustificación de gastos de viaxes

É moi habitual a consulta de directivos de entidades deportivas sobre a xustificación de gastos de viaxe ou de desprazamentos de grupo (expedicións). A vida real é moi diferente da que se vive nos despachos da Administración e, obviamente, non hai xente emitindo facturas a destro e sinistro para contentar a contables, auditores e interventores públicos.

De todas formas, dende FL Consultores recomendamos que fagades os pagamentos mediante transferencias, cheques nominais, pago con tarxeta, ou calquera movemento bancario, e que solicitedes facturas e tíckets en tódolos lugares canto esteades desprazados, porque se non serven como xustificante económico, polo menos demostran que houbo un pago, un desprazamento e outros gastos nesa data e nese lugar.

O Consello Superior de Deportes (CSD) de España facilita uns modelos para a xustificación de gastos de carácter individual e por desprazamento en grupo. Recomendámosvos que os adaptedes ás vosas entidades e que os utilicedes para xustificar os gastos de desprazamento.

Tendes aquí os enlaces para a descarga deses modelos. Lembrade adaptalos ás vosas entidades!

Modelo 2 – Indemnización de gastos de carácter individual
Modelo 3 – Gastos por desprazamento en grupo