Precaución con timos e seguridade en internet.

Precaución con timos e seguridade en internet.

Cada día todos nós recibimos correos e chamadas das que debemos desconfiar. Lamentablemente, nunha sociedade que debería progresar e ser máis confiable e segura, temos que recordar aquelo de… «pensa mal e acertarás!»

Recentemente algúns clientes, e nós mesmos, recibimos chamadas dun falso soporte técnico de Microsoft. É un timo!
Igual que aqueles de invertir en Bitcoins ou falsos comercializadores de telefonía, luz o gas… Ou os alugueiros vacacionais sorprendentemente económicos!

Pregámosvos que sexades escrupulosos cas vosas actuacións en internet, ou coa cesión de datos a descoñecidos por teléfono.

E lembrade que se tendes dúbidas ou algún problema podemos acudir ó Instituto Nacional de Ciberseguridade https://www.incibe.es ou á Oficina de Seguridade do Internauta https://www.osi.es