Que plan contable debo aplicar? Contabilidade… o GPS da nosa entidade!
En España, como no resto da Unión Europea e no resto de países avanzados, dispoñemos de regulacións que nos obrigan a manter un sistema de rexistro das operacións económicas das nosas entidades. Non son normas estáticas, todo o contrario, son dinámicas e adaptables.
Dinámicas porque van cambiando cada certos anos e adaptables porque os sectores ós que van destinados son moi diferentes.
Neste momento temos en España o Plan Xeral de Contabilidade, o de Pequenas e Medianas Empresas, o de Construtoras, Inmobiliarias, Concesionarias, Entidades sen Fins de Lucro, Federacións Deportivas, etc.
As entidades deportivas pequenas deberían aplicar un híbrido entre o parcialmente derogado de Federacións Deportivas e o vixente de Pequenas e Medianas Empresas. Un equilibrio que as veces é difícil de concretar para os propios contables.
Unha recomendación final dende FL Consultores: non debemos pensar na contabilidade coma nunha obrigación externa e pesada; en realidade a contabilidade é unha enorme ferramenta para saber onde estamos e a onde imos. Por iso é importante coñecela e usala. É o GPS da nosa entidade!