Real Decreto 152/2022: subida do SMI

Boletín Oficial del Estado - BOEReal Decreto 152/2022: subida do SMI

O novo Real Decreto 152/2022 polo que se fixa o salario mínimo interprofesional para 2022, froito do acordo coas organizacións sindicais, fronte á oposición da patronal, traerá consecuencias non só en materia salarial senón tamén no que respecta ás prestacións da Seguridade Social e nas cotas dos traballadores autónomos.
Foi publicada hoxe 23/02/2022 e entrará en vigor mañá, día 24, con efectos retroactivos ó 1 de xaneiro de 2022.

Publicado no BOE: https://boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2022-2851