Subvención Xunta – Importante 2025
📢 IMPORTANTE: Requisitos para a subvención PR945C
Dende o Servizo de Deportes da Xunta, lembramos a todas as entidades que solicitaron a subvención PR945C que deben cumprir dous novos requisitos para ser beneficiarias:
🔹 Inscrición en Actfis-Galicia Activa (RIDEGA)
A entidade debe estar correctamente inscrita en Actfis-Galicia Activa. O número de rexistro en REDEGA (C-00000 ou X-00000) NON é válido para este requisito.
🔹 Protocolo de Protección da Infancia
É obrigatorio ter aprobado o Protocolo de Protección dos Nenos, Nenas e Adolescentes fronte á Violencia no Deporte e contar cunha persoa designada como delegada de protección, correctamente inscrita en REDEGA. O simple nomeamento na directiva non é suficiente.
📅 Prazos importantes:
➡ 15 de abril de 2025: Fin do prazo de emendas da subvención.
➡ 30 de xuño de 2025: Data límite para cumprir os requisitos.
🚨 Se se concede o anticipo da subvención e non se cumpren os requisitos, a entidade terá que devolver o importe recibido!
✅ Recomendación: Non agardes ao último momento para completar as inscricións e evitar problemas administrativos.
Se tes dúbidas, consulta con FL Consultores
Podedes contratar a elaboración e presentación do Protocolo a través da nosa pasarela https://grupo-fl.es/tpv/