Archivo de la etiqueta: #Covid-19

Subvencións Xunta para o desenvolvemento de actividades deportivas e para COVID-19.

2021 – RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte. Subvencións a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas para o desenvolvemento de actividades deportivas e para COVID-19.

Xa está publicada a norma das subvencións para ACTIVIDADE DEPORTIVA dende a Xunta de Galicia. Este ano inclúe a NOVIDADE dunha liña especial para gastos derivados das MEDIDAS DE SEGURIDADE E PREVENCIÓN pola COVID-19.

Esta convocatoria tamén ten un Anexo VIII que é unha novidade, destinado a seren realizado pola Federación Deportiva correspondente e pensado para as entidades que realicen a petición de axudas para os gastos da Covid-19.

En FL Consultores imos comezar coas tramitacións, polo que vos pedimos que contactedes con nós.

Se desexades ler a norma, podedes acceder a este enlace.

Xunta – Modelo de comunicación expedientes de regulación temporal de emprego por COVID-19

Xunta – Modelo de comunicación expedientes de regulación temporal de emprego por COVID-19

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 3 de febreiro de 2021 pola que se regula o procedemento e se aproba e se dá publicidade ao modelo de comunicación de cambios de situación nos expedientes de regulación temporal de emprego por forza maior de impedimentos ou limitacións da actividade como consecuencia das modulacións nas restricións sanitarias adoptadas polas autoridades competentes vinculadas ao COVID-19 (código de procedemento TR820V).
Descargar pdf

Paralización do Deporte en Galicia polo Covid-19

ORDE do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Ordénase a paralización da actividade deportiva a partir do día 27/01/2021 e competicións deportivas federadas e os seus adestramentos, quedando a opción da práctica da actividade física e deportiva (incluso a non federada) a realizarse ao aire libre de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización de máscara. Establécese o peche de ximnasios e pavillóns deportivos, salvo excepcións.

Para máis información pódese acceder ó DOG neste enlace.

Cambios para o Deporte Federado – Covid-19

Cambios para o Deporte Federado – Covid-19

Onte martes 19, a Xunta de Galicia publicou un DOG especial onde recolle un novo Decreto e unha nova Orde con medidas máis restritivas para evitar a propagación do virus.

Merece especial importancia para as entidades deportivas a modificación do punto 6, onde indica que “Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva de forma individual, ou colectiva cun máximo de catro persoas, sexan ou non conviventes, excluído o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.”

Máis datos do Decreto 5/2021 e da Orde, aquí nestes propios enlaces.

Anuncio de subvencións da Xunta

Anuncio de subvencións da Xunta de Galicia

A Xunta, mediante correos electrónicos, está publicitando nestes primeiros días de decembro de 2020 a próxima convocatoria de subvencións para entidades deportivas de 2021. Sen embargo, eles mesmos informan que non será antes de febreiro (coma mínimo 2 meses) cando publicarán a apertura de solicitudes.

Certo é que na propaganda informan que este ano haberá dúas liñas de actuacións: a de actividade deportiva ordinaria (como é habitual) e unha nova para implantar medidas de prevención Covid-19.

A máis prometen que haberá diversos períodos para xustificar os gastos e as puntuacións para valorar as axudas terán en conta datos previos á pandemia, para non penalizar aos clubs.

No momento de publicar esta nota aínda non hai nada sobre estas axudas na páxina oficial do Deporte Galego. Se precisan máis datos, contacten coa Subdirección Xeral de Plans e Programas no teléfono 881996360.