Archivo de la etiqueta: #DOG

Secretaría Xeral para o Deporte – Regulamentos Licenzas Federativas Obrigatorios

Secretaría Xeral para o Deporte – Regulamentos Licenzas Federativas Obrigatorios

INSTRUCIÓN do 10 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, para a remisión dos regulamentos de licenzas das federacións deportivas galegas. (DOG 18/02/2021)

O texto pódese descargar aquí.

Cando o 28 de xaneiro a Xunta de Galicia modificou a Lei do Deporte de 2012, xa se intuía que as modificacións eran ad hoc. Hoxe, coa publicación desta Instrución confirmamos as sospeitas e comezamos a ver que hai unha finalidade que a moitos se nos escapa.

Moitas das Federacións de deportes minoritarios ou non de masas, carecen dende a súa constitución, xa hai moitas décadas, de regulamentos de licenzas deportivas. E moito menos “por tempadas” deportivas… Isto é porque tales regulamentos, en xeral, son innecesarios.

Pero si que en federacións con estrutura máis profesionalizada, coma aqueles con adestradores, árbitros, fichas profesionais e fichas de deportistas afeccionados, etc., coma ximnasia, atletismo, fútbol, etc., si que existen estes regulamentos a niveis autonómicos e estatais.

A partir de xa, o resto das Federacións en Galicia, teñan necesidade ou non de ter uns “regulamentos de licenzas deportivas para a tempada 2021/2022”, van telos. E máis lles vale, pois están “requiridas” por Lei…

Paralización do Deporte en Galicia polo Covid-19

ORDE do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Ordénase a paralización da actividade deportiva a partir do día 27/01/2021 e competicións deportivas federadas e os seus adestramentos, quedando a opción da práctica da actividade física e deportiva (incluso a non federada) a realizarse ao aire libre de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización de máscara. Establécese o peche de ximnasios e pavillóns deportivos, salvo excepcións.

Para máis información pódese acceder ó DOG neste enlace.