Vilaboa impulsa o deporte federado con novas subvencións para 2025

Vilaboa impulsa o deporte federado con novas subvencións para 2025

Logo de FL Consultores en azulO Concello abre a convocatoria de axudas a persoas e entidades deportivas durante 20 días tras a súa publicación no BOPPO

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vilaboa aprobou na sesión do 26 de xuño de 2025 as Bases para a concesión de subvencións a persoas e entidades deportivas do concello – 2025, orientadas específicamente ao deporte federado.

Estas axudas teñen como obxectivo apoiar a actividade deportiva organizada no municipio, promovendo a participación en competicións federadas, así como a consolidación e funcionamento dos clubs e deportistas locais.

A convocatoria xa foi publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) o día 7 de xullo, e establece un prazo de 20 días hábiles para a presentación de solicitudes, a contar desde o día seguinte ao da publicación. Toda a información detallada, así como o texto completo das bases, pode consultarse na seguinte ligazón oficial:

🔗 Acceder ao anuncio no BOPPO

O Concello de Vilaboa reafirma así o seu compromiso co tecido deportivo local, facilitando recursos que contribúan ao desenvolvemento, continuidade e profesionalización da actividade física no municipio.