Xunta de Galicia

Xunta de Galicia – PR045C-Subvencións a clubs 2025

Hoxe publicouse na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte dúas novas importantes:

A listaxe datos deportivos achegados polas federacións.
A listaxe solicitudes a emendar, as inadmitidas e as admitidas.

1º) Listaxe dos datos deportivos da liña I das entidades solicitantes de subvención e achegados polas federacións e que serán obxecto de valoración para a asignación das subvencións.

PRAZO: Ata o 08.04.2025 para presentar alegacións, no caso de desconformidade con estes datos achegados pola súa federación (a través da sede electrónica e empregando o formulario específico dispoñible na ligazón de abaixo).

Á data de publicación desta listaxe aínda non achegaron os datos as federacións de TENIS DE MESA, TIRO AO VOO e TIRO CON ARCO.  As entidades afectadas (na listaxe figuran en vermello), deberán contactar coa súa federación para que acheguen á Secretaría Xeral para o Deporte os datos dos seus clubs solicitantes da subvención para que se poidan publicar (os afectados non deberán empregar agora o formulario de alegacións para achegar os datos, deberá facelo a súa federación; usar o formulario só cando estean publicados no caso de desconformidade).

2º) Resolución que se publicará o 01.04.2025 no Diario Oficial de Galicia coa listaxe de solicitudes suxeitas a emenda, as solicitudes inadmitidas e as solicitudes admitidas.

PRAZO: Ata o 15.04.2025 para emendas/reclamacións.

As entidades que queiran emendar por incumprimentos ou débedas coa AEAT, a SS ou a Atriga, deberán achegar o correspondente certificado actual positivo.

Ver información:  https://deporte.xunta.gal/gl/convocatorias/pr945c-listaxe-de-solicitudes-admitidas-e-emendar-e-datos-deportivos-apotados-polas-federacions

RECORDATORIO

Lémbrase que para ser beneficiaria destas axudas, é obrigatorio que a entidade teña aprobado o seu Protocolo de protección dos nenos, nenas e adolescentes fronte a violencia no deporte e teña á persoa designada como delegada de protección correctamente inscrita no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia no primeiro semestre de 2025 (así como na plataforma Actfis-Galicia Activa).

Ligazóns de interese sobre o Protocolo:

Texto do protocolo e acceso ao procedemento de rexistro: https://deporte.xunta.gal/gl/inscricion-protocolo-proteccion
Preguntas frecuentes: https://deporte.xunta.gal/gl/preguntas-frecuentes-protocolo-proteccion-nna
Vídeos didácticos: https://deporte.xunta.gal/gl/protocolo-proteccion-nna