Xunta – DE400C – PLAN PATROCINIO EQUIPOS ALTA COMPETICIÓN FEMININOS GALICIA 2023

Xunta de GaliciaXunta – DE400C – PLAN PATROCINIO EQUIPOS ALTA COMPETICIÓN FEMININOS GALICIA 2023

Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición Femininos 2023 (DE400C). PUBLICADA A RESOLUCIÓN DEFINITIVA.

O 23 de maio de 2023 asinouse o acordo de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, para desenvolver medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Dentro deste acordo, desenvólvense campañas específicas contra a violencia de xénero e a igualdade entre mulleres e homes en espazos deportivos, que deben ser desenvolvidas pola Fundación Deporte Galego. A estes efectos, na loita pola igualdade efectiva de mulleres e homes, e tendo en conta tamén o impacto destes clubs nos medios de comunicación, nos espazos deportivos, nas redes sociais, e, en particular, respecto das nenas e nenos, adolescentes e mocidade, que son destinatarios principais das medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, a Fundación Deporte Galego co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, pon en marcha a cuarta edición do Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición Femininos de 1º e 2º máximo nivel Estatal de Galicia 2023.

Información