2021 Concello de Vigo – Subvención promoción deporte feminino.

Concello de Vigo2021 Concello de Vigo – Subvención promoción deporte feminino.

SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS DE VIGO PARA A PROMOCIÓN DO DEPORTE FEMININO NA TEMPADA 2020/2021, OU DO ANO 2021 NO CASO DAS MODALIDADES CUXA TEMPADA DEPORTIVA SEXA ANUAL

O Concello de Vigo pretende promover o deporte feminino a través do apoio ás entidades deportivas da cidade que fomenten a participación e promoción das nenas e mulleres nas distintas disciplinas deportivas. No ano 2017, a Concellería de Igualdade, a través da convocatoria de subvencións específica, destinou 27.000 € para esta finalidade e foron beneficiarias desta liña de subvencións un total de 56 entidades deportivas. Nos anos seguintes incrementouse esta cantidade a 45.000 €, e foron aumentando as entidades beneficiarias. Así, no ano 2020 foron 85 os clubs que se beneficiaron desta liña de subvencións.

Para este mesmo fin, destínase no ano 2021 un crédito máximo de 45.000,00 € que se fará efectivo con cargo á partida específica 2311 4890000 “Promoción da igualdade e do deporte feminino” do orzamento aprobado para o ano 2021 da Concellería de Igualdade.

Máis información neste enlace.