2021 – BOPPO – Publicación da concesión de subvencións da Deputación de Pontevedra.

Deputación de PontevedraPublicación da concesión de subvencións da Deputación de Pontevedra.

SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS E NON CONCEDIDAS A CLUBS DEPORTIVOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DE ÁMBITO INFERIOR A NACIONAL

De conformidade co establecido no artigo 30 da Lei 38/03, de 17 de novembro, xeral de subvencións e no artigo 12.2 da Ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación de Pontevedra, publícanse as subvencións concedidas e non concedidas no mes de maio polo servizo de Deportes da Deputación Provincial, para clubs deportivos sen ánimo de lucro que participen en competicións federadas de ámbito inferior a nacional para o ano 2021, aprobadas por Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria do día 28 de maio de 2021.

Relación de subvención e clubs beneficiados:
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/06/02/2021030425

GUÍA DE TRAMITACIÓN PARA XUSTIFICACIÓN 2021

Unha vez notificadas as subvencións concedidas, os clubs beneficiarios deberán xustificalas da seguinte maneira:

Se a modalidade deportiva se corresponde coa temporada 2020-2021, xustificaranse dentro dos 3 meses seguintes ao remate da temporada, en todo caso ata o 31 de decembro de 2021
Se a modalidade deportiva se corresponde coa temporada 2021 (ano natural), xustificaranse ata o 31 de marzo de 2022