Archivo de la etiqueta: #2021

2021 Concello de Vigo – Subvención actividade e eventos.

2021 Concello de Vigo – Subvención actividade e eventos.

SUBVENCIÓN A ENTIDADES DEPORTIVAS SEN ÁNIMO DE LUCRO POLA SÚA ACTIVIDADE NA TEMPADA DEPORTIVA 2020/21 + EVENTOS.

Contribuír a financiar os gastos ocasionados polo funcionamento das entidades deportivas da cidade e a súa actividade deportiva durante a tempada deportiva 2020/2021. (2021 para os que teñan ano natural).

NOTA FL CONSULTORES: Este ano inclúen a organización de eventos con información moito máis detallada que en anos precedentes; precísanse un certificado federativo co número de licenzas; e numerosa documentación. É importante dispor destes documentos actualizados. Precísase uns orzamentos reais axustados á actividade en pandemia, xa que hai que xustificar a totalidade dos gastos presupostados.

BENEFICIARIOS.
Clubs deportivos, asociacións e agrupacións deportivas, e entidades deportivas que que desenvolvan o seu proxecto deportivo na cidade de Vigo, teñan personalidade xurídica propia, carezan de ánimo de lucro e cumpran os requisitos que establecen as bases e convocatoria.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES.
O prazo para presentar as solicitudes a esta convocatoria será de 15 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

XUSTIFICACIÓN DAS SUBVENCIÓNS.
As beneficiarias das subvencións deberán xustificar antes de 6 de novembro de 2021 (Incluído).

Máis información neste enlace.

Anuncio de subvencións da Xunta

Anuncio de subvencións da Xunta de Galicia

A Xunta, mediante correos electrónicos, está publicitando nestes primeiros días de decembro de 2020 a próxima convocatoria de subvencións para entidades deportivas de 2021. Sen embargo, eles mesmos informan que non será antes de febreiro (coma mínimo 2 meses) cando publicarán a apertura de solicitudes.

Certo é que na propaganda informan que este ano haberá dúas liñas de actuacións: a de actividade deportiva ordinaria (como é habitual) e unha nova para implantar medidas de prevención Covid-19.

A máis prometen que haberá diversos períodos para xustificar os gastos e as puntuacións para valorar as axudas terán en conta datos previos á pandemia, para non penalizar aos clubs.

No momento de publicar esta nota aínda non hai nada sobre estas axudas na páxina oficial do Deporte Galego. Se precisan máis datos, contacten coa Subdirección Xeral de Plans e Programas no teléfono 881996360.

Festivos en Vigo en 2021

Festivos en Galicia e en Vigo para 2021

1 de xaneiro – Aninovo
6 de xaneiro – Epifanía do Señor (Día de Reis)
16 de febreiro – Martes de Entroido (FESTIVO LOCAL)
19 de marzo – Día de San Xosé
1 de abril – Xoves Santo
2 de abril – Venres Santo
1 de maio – Festa do Traballo
17 de maio – Día das Letras Galegas
16 de agosto – San Roque (FESTIVO LOCAL)
12 de outubro – Festa Nacional de España
1 de novembro – Todos os Santos
6 de decembro – Día da Constitución Española
8 de decembro – Inmaculada Concepción
25 de decembro – Nadal

Datos publicados no DOG 30/09/2020