2025 Concello de Vigo – Subvención actividade e eventos.

2025 Concello de Vigo – Subvención actividade e eventos.

Concello de Vigo2025 Concello de Vigo – Subvención actividade e eventos.

SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE VIGO A ENTIDADES DEPORTIVAS SEN ÁNIMO DE LUCRO POLA SÚA ACTIVIDADE NA TEMPADA DEPORTIVA 2024/25 + EVENTOS.

Contribuír a financiar os gastos ocasionados polo funcionamento das entidades deportivas da cidade e a súa actividade deportiva durante a tempada deportiva 2024/25. (2025 para os que teñan ano natural).

NOTA FL CONSULTORES: Este ano inclúe a organización de eventos con información moi detallada; precísanse un certificado federativo co número de licenzas; e numerosa documentación. É importante dispor destes documentos actualizados. Precísase uns orzamentos reais e axustados, xa que hai que xustificar a totalidade dos gastos presupostados.

BENEFICIARIOS.
Clubs deportivos, asociacións e agrupacións deportivas, e entidades deportivas que desenvolvan o seu proxecto deportivo na cidade de Vigo, teñan personalidade xurídica propia, carezan de ánimo de lucro e cumpran os requisitos que establecen as bases e convocatoria.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES.
O prazo para presentar as solicitudes a esta convocatoria será de 15 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

XUSTIFICACIÓN DAS SUBVENCIÓNS.
As beneficiarias das subvencións deberán xustificar antes de 15 de outubro de 2025 (Incluído).

Máis información nestes enlaces