As entidades deportivas de Vigo que solicitaron a subvención para actividades deportivas 2019/2020, están comezando a recibir directamente as comunicacións cos importes concedidos.
Comeza, polo tanto o período de xustificación das axudas, que remata o 6 de novembro de 2020.
Dende FL Consultores pregamos ós clientes que nos contrataron para solicitalas que nos remitan canto antes as comunicacións que reciban para poder facer a súa xustificación canto antes. Calquera pregunta, podedes facela polas canles habituais. Grazas.
Festivos en Galicia e en Vigo para 2021
1 de xaneiro – Aninovo
6 de xaneiro – Epifanía do Señor (Día de Reis)
16 de febreiro – Martes de Entroido (FESTIVO LOCAL)
19 de marzo – Día de San Xosé
1 de abril – Xoves Santo
2 de abril – Venres Santo
1 de maio – Festa do Traballo
17 de maio – Día das Letras Galegas
16 de agosto – San Roque (FESTIVO LOCAL)
12 de outubro – Festa Nacional de España
1 de novembro – Todos os Santos
6 de decembro – Día da Constitución Española
8 de decembro – Inmaculada Concepción
25 de decembro – Nadal
Datos publicados no DOG 30/09/2020

Concello de Vigo
Subvencións e axudas
BASES ESPECÍFICAS PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO DE AXUDAS ORIENTADAS A DEPORTISTAS DE ALTO NIVEL DA CIDADE DE VIGO
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 17 de setembro de 2020 , adoptou o seguinte acordo:
Aprobar as “BASES ESPECÍFICAS PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO DE AXUDAS ORIENTADAS A DEPORTISTAS DE ALTO NIVEL DA CIDADE DE VIGO”
OBXECTO DA SUBVENCIÓN
É obxecto das presentes bases regular a convocatoria e a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas económicas dirixidas a deportistas de alto nivel da cidade de Vigo, coa finalidade de axudar a sufragar os gastos vinculados coas competicións e cos adestramentos necesarios para o desenvolvemento da súa modalidade deportiva, en orde ó logro dun mais alto nivel nun futuro próximo.
Enlace coa publicación BOPPO número 187 luns, 28 de setembro de 2020.
Servizos de Consultoría, Asesoría Empresarial e Asesoría de Dirección e Xestión Deportiva