2023 Concello de Vigo – Subvención actividade e eventos.

2023 Concello de Vigo – Subvención actividade e eventos.

SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE VIGO A ENTIDADES DEPORTIVAS SEN ÁNIMO DE LUCRO POLA SÚA ACTIVIDADE NA TEMPADA DEPORTIVA 2022/23 + EVENTOS.

Contribuír a financiar os gastos ocasionados polo funcionamento das entidades deportivas da cidade e a súa actividade deportiva durante a tempada deportiva 2022/2023. (2023 para os que teñan ano natural).

NOTA FL CONSULTORES: Este ano inclúen a organización de eventos con información moi detallada; precísanse un certificado federativo co número de licenzas; e numerosa documentación. É importante dispor destes documentos actualizados. Precísase uns orzamentos reais e axustados, xa que hai que xustificar a totalidade dos gastos presupostados. PARA A PRESENTACIÓN É NECESARIA A SINATURA ELECTRÓNICA DO/A PRESIDENTE/A E DO/A SECRETARIO/A.

BENEFICIARIOS.
Clubs deportivos, asociacións e agrupacións deportivas, e entidades deportivas que que desenvolvan o seu proxecto deportivo na cidade de Vigo, teñan personalidade xurídica propia, carezan de ánimo de lucro e cumpran os requisitos que establecen as bases e convocatoria.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES.
O prazo para presentar as solicitudes a esta convocatoria será de 15 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

XUSTIFICACIÓN DAS SUBVENCIÓNS.
As beneficiarias das subvencións deberán xustificar antes de 6 de novembro de 2023 (Incluído).

Máis información neste enlace.