Cobros das Subvencións do Concello de Vigo 2022

Cobros das Subvencións do Concello de Vigo 2022

Algúns dos clientes de FL Consultores radicados en Vigo xa recibiron as subvencións por actividade deportiva do Concello.

Todas foron tramitadas antes do domingo 6 de novembro, data límite. Pero debedes saber que o Concello non manda os pagamentos todos xuntos, polo que algúns clubs cobran antes que outros. Por iso vos pedimos paciencia para aqueles que aínda non a percibistes.

De todas formas, pregámosvos que en canto teñades constancia do ingreso, avisedes a FL Consultores. Se algún club considera que están a tardar moito en pagarlles, tamén é importante que o notifiquedes para que poidamos interesarnos na situación do seu expediente. Grazas.