Deputación Coruña – Nova normativa Subvencións 2024

Deputación Coruña – Nova normativa Subvencións 2024

Publicado no boletín oficial da Deputación da Coruña para 2024.

Poden descargar a publicación da lexislación aquí -> https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/09/18/2023_0000007425.pdf

Importante:

Aprobación das bases xerais reguladoras dos programas de subvencións da Deputación Provincial da Coruña 2024

Co fin de homoxeneizar as Bases Xerais dos distintos programas de subvencións da Deputación Provincial da Coruña, elaborouse unha única base xeral de aplicación a todas as convocatorias dirixidas tanto a entidades con (autónomos e empresas) e sen ánimo de lucro (asociacións,fundacións e outras), como aos concellos e demais entidades de dereito público.

Temas importantes:

1.- A tramitación será sempre telemática e con sinatura de documentación electrónica a través da plataforma Subtel.

2.- Sinatura de documentación nas Entidades sen ánimo de lucro
A documentación deberá vir asinada como se indica:

• No caso das certificacións, pola secretaría co visto e prace da presidencia ou persoa na que delegue.
• No caso das declaracións, compromisos e outra documentación, pola presidencia ou persoa na que delegue.
• No caso das certificacións de gastos e ingresos, por quen exerza as funcións financeiras ou de tesourería e a persoa que exerza a representación legal da entidade.

3.- Para estes efectos, deberán dispoñer de certificado dixital:

• Quen ocupe a presidencia da entidade ou quen teña delegadas as súas funcións.
• Quen ocupe a secretaría da entidade.
• Quen exerza as funcións financeiras ou de tesourería