Reunión da Deputación cos clubs de Vigo.
Henrique Freixeiro de FL Consultores asistiu ó evento.

Deputación de Pontevedra – Subvencións de eventos Bens e Servizos (1000 €) 2025

BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA FINANCIAR BENS E SERVIZOS EN CAMPIONATOS OU EVENTOS DEPORTIVOS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA NO ANO 2025

Estas axudas estarán dirixidas a financiar a compra de bens entregados ás persoas participantes (material deportivo, trofeos ou medallas, entre outros) e os servizos necesarios para a correcta organización e desenvolvemento dos eventos. Con iso, búscase garantir unha adecuada infraestrutura e recursos para as e os organizadores, que poderán levar a cabo eventos deportivos que favorezan a mellora da calidade de vida, a creación de emprego e o crecemento sostible do territorio.

Serán gastos subvencionables aqueles que, de maneira indubidable, respondan á natureza do proxecto subvencionado e estean directamente relacionados e orixinados polas entidades beneficiarias para a realización do evento subvencionado.

Serán elixibles como gastos subvencionables as seguintes tipoloxías de gastos:

• Bens subvencionables (entregados ás e os participantes)

• Medallas e trofeos en recoñecemento á participación e aos logros deportivos.

• Equipamento deportivo básico, como camisetas conmemorativas.

• Material promocional relacionado co evento, como mochilas, bidóns, gorras ou pulseiras.

• Outros.

• Servizos subvencionables (de apoio á organización)

• Asistencia sanitaria: servizo médico e de ambulancia.

• Seguridade: vixilancia e control de accesos.

• Montaxe e desmonte de infraestruturas: carpas, valos ou sinalización.

• Cronometraxe e arbitraxe: contratación de árbitras e árbitros e sistemas de medición de tempos.

• Difusión e comunicación: retransmisión en directo, fotografía oficial ou promoción nos medios.

• Outros.

Máis información neste enlace: https://boppo.depo.gal/detalle/-/boppo/2025/03/10/2025011289