Preguntas frecuentes sobre o Protocolo de protección de nenos, nenas e adolescentes fronte á violencia no deporte.

Preguntas frecuentes sobre o Protocolo de protección de nenos, nenas e adolescentes fronte á violencia no deporte.

Entrenador sonriente con equipo juvenil de fútbol.Preguntas frecuentes sobre o Protocolo de protección de nenos, nenas e adolescentes fronte á violencia no deporte.

A Secretaría Xeral para o Deporte dispón dunha serie de preguntas sobre a obrigatoriedade do Protocolo de NNA fronte á Violencia no Deporte.

Podedes acceder a máis datos nesta web:

https://deporte.xunta.gal/gl/preguntas-frecuentes-protocolo-proteccion-nna

A súa adopción é obrigatoria?
Si, todas as entidades deportivas deben adoptalo, segundo o artigo 47 da Lei Orgánica 8/2021, de 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia. É importante entender que o protocolo busca a implicación voluntaria de toda a comunidade deportiva para crear contornas seguras, non se trata tanto de detectar situacións violentas, que tamén, como de promover espazos seguros e libres das mesmas.