Xunta de Galicia

Reclamación nos baremos das Axudas da Xunta de Galicia 2025

Hoxe informan dende a Xunta de Galicia sobre os datos e baremos para as subvencións.

Algún club xa detectou que a súa propia Federación declarou mal os datos desa entidade. Lembrade que FL Consultores presenta as solicitudes pero son as Federacións as que achegan os datos deportivos (non nos permiten o acceso a eses datos nin ós clubs nin os xestores). Por exemplo, algunha Federación declarou que algún club tiña menos licenzas das que realmente tramitou o ano 2024 (ano de referencia nesta subvención da Xunta).

Nestes casos é importante que usedes calquera medio de proba que teñades (por exemplo a relación de licenzas asinada pola Federación para outra subvención) e que fagades a reclamación inmediatamente no formulario dispoñible para tal fin na web da Xunta: https://deporte.xunta.gal/gl/convocatorias/pr945c-listaxe-de-solicitudes-admitidas-e-emendar-e-datos-deportivos-apotados-polas-federacions

Podedes acceder tamén estes enlaces en https://flconsultores.gal ou en https://grupo-fl.es/xunta-de-galicia-pr045c-subvencions-a-clubs-2025/

Se detectades algún problema destes e desexades contratar os nosos servizos e que vos fagamos de forma profesional a reclamación, por favor informade a FL Consultores canto antes dados os prazos reducidos.