Xa está dispoñible o Calendario Laboral de Vigo 2026

Xa está dispoñible o Calendario Laboral de Vigo 2026

Dende FL Consultores xa temos preparado o novo Calendario Laboral de Vigo para o ano 2026. Como cada ano, facilitamos esta ferramenta para que empresas e traballadores poidan planificar o vindeiro exercicio con antelación.

Este calendario recolle as 14 festas laborais de carácter retribuído e non recuperable para o municipio de Vigo. Entre as novidades do ano 2026, destacamos:

  • Festas Locais en Vigo: A festividade da Reconquista (28 de marzo) e a celebración de San Roque, que ao caer o día 16 en domingo, trasládase ao luns 17 de agosto para o desfrute de todos os vigueses.
  • Festas Autonómicas: Inclúense como festivos en toda Galicia o 19 de marzo (San Xosé) e o 24 de xuño (San Xoán).
  • Días Inhábiles: Lembramos que todos estes días teñen a consideración de inhábiles para os efectos de cómputos de prazos administrativos.

Descarga o teu Calendario 2026

Preme no seguinte botón para obter a versión oficial para imprimir en A4.


⬇️ DESCARGAR CALENDARIO

Lembramos a todas as empresas que, segundo a normativa vixente, o Calendario Laboral debe estar exposto nun lugar visible do centro de traballo para coñecemento e consulta de todo o persoal.