Xunta de Galicia – Comunicación de baremos emitidos polas Federacións Deportivas Galegas.

Xunta de GaliciaPR945C – SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS

LIÑA DE ACTUACIÓN I: desenvolvemento de actividades deportivas

Hoxe, venres 4 de xuño de 2021, publicouse na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte a listaxe coas entidades solicitantes de subvención da LIÑA I e os seus datos deportivos aportados polas federacións e que serán obxecto de valoración para a asignación das subvencións do procedemento PR945C.

Recórdese que os datos a valorar son os mesmos que os da anterior convocatoria, isto é, tempada 2019 ou 2018/19.

No caso de desconformidade con estes datos, o prazo para presentar alegacións (a través da sede electrónica) comeza mañá 05.06.2021 e remata o 18.06.2021

Ver listaxe de datos https://deporte.xunta.gal/gl/convocatorias/pr945c-subvencions-clubs-actividade-datos-deportivos-das-entidades-solicitantes-da-lina-i

Para máis información contacte co seu servizo provincial de deportes:

  • ENTIDADES A CORUÑA: 881 960 768 (Servizo de Deportes da Coruña)
  • ENTIDADES LUGO: 982 294 568 (Servizo de Deportes de Lugo)
  • ENTIDADES OURENSE: 988 386 050 / 988 386 046 (Servizo de Deportes de Ourense)
  • ENTIDADES PONTEVEDRA: 886 218 281 / 886 218 282 (Sección de Promoción Deportiva de Vigo)