Nenos xogando

Xunta de Galicia – Outro requisito para recibir axudas e subvencións 2025 – «Protocolo de Protección»

Xunta de Galicia

Xunta de Galicia – «Protocolo de protección dos nenos, nenas e adolescentes fronte á violencia no deporte»

O prazo de inscricións remata o 30/06/2025.

Xa informamos na nosa noticia de xuño do ano pasado (2024) que a Xunta de Galicia estaba a presentar un novo Protocolo para o Deporte.
Podedes ver a nosa nova en https://grupo-fl.es/xornada-formativa-xunta-vigo-protocolo-proteccion-nna-fronte-a-violencia-no-deporte-2024/.

Agora requírese que as entidades que optan as axudas de Deportes teñan aprobado o seu Protocolo de protección dos nenos, nenas e adolescentes fronte á violencia no deporte e teñan unha persoa designada como Delegada de protección. Así mesmo, Protocolo e Delegado/a deben estar correctamente inscritos, ambos, no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia. Esta alta ten que producirse antes de finalizar o primeiro semestre de 2025. Máis información no apartado 2.3 do Art.2 Anexo I – Orde 17/12/2024 – DOG 250

INFORMAMOS A POSIBLES NOVOS INTERESADOS QUE O TRÁMITE DE INSCRICIÓNS REALIZADO POR FL CONSULTORES SÓ CUSTA 75 € + IVE.