Xunta de Galicia – Publicación baremo subvencións Liña I PR945C

Xunta de Galicia – Publicación baremo subvencións Liña I PR945C

Xunta de GaliciaInformación da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se informa dos baremos federativos para a tramitación de axudas e ábrese o prazo de reclamación.

Antonte, mércores 27 de xullo de 2022, publicouse na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte a listaxe coas entidades solicitantes de subvención da LIÑA I e os seus datos deportivos aportados polas federacións e que serán obxecto de valoración para a asignación das subvencións do procedemento PR945C.

Dende onte, os interesados teñen 10 días de prazo para presentar alegacións (a través da sede electrónica) no caso de desconformidade con estes datos aportados pola súa federación.

Pódese ver a listaxe de datos e o formulario de alegacións en: https://deporte.xunta.gal/gl/convocatorias/pr945c-subvencions-clubs-actividade-datos-deportivos-das-entidades-solicitantes-da-lina-i-0