Xustificación Subvención Deputación 2023

Xustificación Subvención Deputación 2023

Publicación da concesión de subvencións 2022/2023 da Deputación de Pontevedra.

CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A CLUBS DEPORTIVOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA QUE PARTICIPAN EN COMPETICIÓNS OFICIAIS DE ÁMBITO INFERIOR AO ESTATAL PARA O ANO 2023

Ábrese o prazo de xustificación das subvencións. Recordar que as datas límites son:

  • Se a modalidade deportiva se desenvolve durante a tempada 2022-2023, xustificarase antes do 31 de decembro de 2023.
  • Se a modalidade deportiva se desenvolve durante a tempada 2023 (ano natural), xustificarase antes do 29 de febreiro de 2023.

Aqueles clubs que xa remataran a súa actividade recomendamos que realicen a xustificación canto antes e desta forma poder cobrar a subvención na maior brevidade posible.

ENLACE A LA RESOLUCIÓN DEFINITIVA NO BOPPO:

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2023/11/15/2023069382

Xustificación

Para cobrar a subvención as entidades deberán presentar por medios electrónicos, a través do trámite “2887054 Trámites administrativos xenéricos distintos da solicitude” dispoñible na sede electrónica Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal/web/) e no seguinte enlace https://sede.depo.gal/web/public/catalog-detail/tramites-administrativos-genericos, a seguinte documentación.

  1. Conta xustificativa (anexo II) na que se indicarán:
    • Os conceptos dos gastos, por un importe igual ou superior ao orzamento presentado coa solicitude.
    • As axudas solicitadas e recibidas doutras administracións públicas.
    • A relación de facturas utilizadas para xustificar, unicamente, o importe da subvención concedida.

De non ser suficiente o espazo dispoñible no anexo II, poden seguir relacionando gastos achegando a continuación da conta xustificativa (anexo III) tantas veces como precisen.

  1. Facturas:
  • Achegar un documento PDF coas facturas utilizadas para xustificar o importe da subvención concedida.
  1. Anexo IV:
  • Memoria na que se xustifiquen as medidas de publicidade e difusión por medio de fotografías que mostren, de forma clara, cada unha das actuacións requiridas.
  1. Anexo I (só clubs que presentaron declaración xurada):
  • Aqueles clubs que na fase de solicitude presentaron unha declaración xurada co número de licencias federativas teñen que achegar, nesta fase de xustificación, o certificado federativo, firmado pola federación, no que se certifica o número de licenzas do club.

No seguinte enlace poden descargar o anexo I: https://sede.depo.gal/web/public/publications/list/forms/FORMS/details/89750172

ENLACE PARA DESCARGAR TODOS OS DOCUMENTOS NECESARIOS NA XUSTIFICACIÓN

https://sede.depo.gal/web/public/publications/list/forms/FORMS/details/81489001