Axudas reactivación actividade deportiva – Resolución
Na Resolución da Xunta de Galicia das axudas para reactivación da actividade deportiva, tódalas entidades que presentamos dende FL Consultores pasaron a solicitude coma admitidas.
RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2021, da Subdirección Xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes de solicitudes suxeitas a emenda, as solicitudes inadmitidas e as solicitudes admitidas, presentadas ao abeiro da Resolución do 14 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas directas a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento DE402A).