José Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte, mantivo o martes 14 de novembro de 2023 ás 20:00 horas unha reunión informativa con 59 clubs da área de Vigo para explicarlle as peculiaridades do Bono Deporte que entrará en vigor en xaneiro do próximo ano.
A iniciativa da Xunta de Galicia vai dirixidas ás familias con nenos, que estean federados ou formen parte do programa Xogade, entre os 6 e os 16 anos, que disporán dun bono de 120 euros para a adquisición de material deportivo ou a realización de actividades deportivas a través dun desconto do 80 % en cada compra ata acabar o diñeiro.
O gasto poderase realizar en establecementos comerciais, entidades deportivas ou prestatarios de servizos radicados en Galicia que se adhiran ao bono. Na reunión participaron clubs de todo o arco deportivo.