Reunión da Deputación cos clubs de Vigo.

Deputación de Pontevedra – Reunión sobre subvencións ámbito inferior a estatal.

Reunión da Deputación cos clubs de Vigo.
Marta Fernández-Tapias tomando nota das demandas. Henrique Freixeiro de FL Consultores, no centro da imaxe, asistiu ó evento en representación de varios clubs deportivos.

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, mantivo o martes 14 de novembro de 2023 ás 18:00 horas unha xuntanza con clubs deportivos da cidade de Vigo que participan en competicións de ámbito inferior a estatal. “A nosa aposta polo deporte non é soamente unha simple declaración de intencións; é unha realidade” afirmou Fernández-Tapias durante o acto no que oíu as peticións dos representantes deportivos recollendo as súas demandas de máis facilidade na tramitación de subvencións e o necesario apoio no deporte da entidade provincial. Os participantes tamén mostraron o desacordo do cambio obrigatorio do novo logotipo da Deputación, o cal causará moitos gastos nos clubs. A responsable da Deputación indicou que serán flexibles na substitución dos logotipos.