Reunión Bono Deportivo

Bono Deporte Xunta de Galicia 2024 – Presentación aos Clubs.

Reunión Bono Deportivo
Na mesa José Ramón Lete e Daniel Benavides dando as explicacións do Bono Deporte. De costas no centro da imaxe, Henrique Freixeiro de FL Consultores participando do evento.

José Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte, mantivo o martes 14 de novembro de 2023 ás 20:00 horas unha reunión informativa con 59 clubs da área de Vigo para explicarlle as peculiaridades do Bono Deporte que entrará en vigor en xaneiro do próximo ano.

A iniciativa da Xunta de Galicia vai dirixidas ás familias con nenos, que estean federados ou formen parte do programa Xogade, entre os 6 e os 16 anos, que disporán dun bono de 120 euros para a adquisición de material deportivo ou a realización de actividades deportivas a través dun desconto do 80 % en cada compra ata acabar o diñeiro.

O gasto poderase realizar en establecementos comerciais, entidades deportivas ou prestatarios de servizos radicados en Galicia que se adhiran ao bono. Na reunión participaron clubs de todo o arco deportivo.