Cambio logotipos Deputación de Pontevedra.

Cambio de imaxe corporativa da Deputación de Pontevedra.

Dende a Deputación de Pontevedra recibimos no día de hoxe un correo de información sobre a nova imaxe corporativa.

« A Deputación de Pontevedra ven de presentar a nova imaxe institucional, polo que dende o servizo de Deportes, queremos informar ás entidades deportivas que de cara a novas actuacións en materia de difusión ou inserción de logotipos deberán utilizar a nova imaxe, que poderá descargar no seguinte enlace:

https://www.depo.gal/es/identidade-corporativa

Informámoslles tamén, que existirá un período transitorio razoable para que as entidades leven a cabo a renovación, polo que de cara ás xustificacións en materia de difusión e publicidade, teranse en conta tamén os logotipos antigos.»

Avisados quedamos. No apartado de «descargas» de FL Consultores tamén tendes o enlace actualizado. https://grupo-fl.es/descarga/

Xa podemos tirar as lonas, carteis, roupa, carpas, arcos de meta, etc… agora xa non valen! 😉