Cobros das subvencións da Deputación de Pontevedra

Algúns dos clientes de FL Consultores xa recibiron as «subvencións a clubs deportivos que participen en competicións federadas de ámbito inferior a nacional para o ano 2020» da Deputación de Pontevedra.

Debedes saber que a Deputación non manda os pagamentos todos xuntos, polo que algúns clubs cobran antes que outros. Por iso vos pedimos paciencia para aqueles que aínda non a percibistes.

De todas formas, pregámosvos que en canto teñades constancia do ingreso, nos avisedes a FL Consultores. Se algún considera que están a tardar moito en pagarlles, tamén é importante que o notifiquedes para que poidamos interesarnos na situación do seu expediente. Grazas.